Igrexa Parroquial de Santa María de Soutullo
Lugar: O Igrexario
Parroquia: Soutullo
A igrexa de Santa María levántase nun contorno rural, é de estilo barroco, ten planta de salón, unha única nave e ábsida rectangular. A cuberta é de tella, a dúas augas e estrutura de madeira, mentres que o corpo lateral posúe tres augas.
Interiormente cabe destacar o arco triunfal que delimita os espazos da nave e do presbiterio e a pequena fiestra.