Igrexa de Santa María Madalena
Lugar: O Igrexario
Parroquia: Montemaior
É de estilo barroco (século XVII) e trátase da igrexa parroquial. Consta de planta rectangular cunha soa nave, presbiterio e sancristía, separando un arco de medio punto a nave do presbiterio.
No exterior, a construción é de cantaría de pedra nas esquinas e na fachada, estando embranquecidas as restantes partes dos muros.
En conxunto, na fachada destaca a sensación ascensional que provén do volume da torre, ao que hai que engadir os xogos xeométricos que realzan os valores compositivos.