Capela de San Roque da Pena
Lugar: A Pena
Parroquia: Montemaior
Capela de pequenas dimensións situada nunha carballeira e caracterizada por unha planta de salón cunha única nave e ábsida rectangular, cuberta a dúas alturas e dúas augas e muros de cachotaría revocados. Na fachada destaca unha pequena espadana dun oco.