Igrexa de San Xián de Lendo
Lugar: O Igrexario
Parroquia: Lendo
Trátase dunha típica igrexa rural do século XIX, de construción sinxela, que combina os estilos barroco e románico.
Chaman a atención no interior os retablos do altar maior e do muro meridional da nave. Ambos posúen elementos neoclásicos e presentan unha policromía que semella mármore.

No exterior destaca unha porta selada, situada no alzado lateral esquerdo, que ten un detallado debuxo. Sobre ela sitúanse uns canzorros de pedra, o que podería indicar que a construción é dunha data anterior ou que houbo un aproveitamento dos materiais dalgunha outra edificación. Precisamente un deses canzorros representa a cabeza dun elefante, elemento iconográfico rarísimo no románico galego.
No interior destacan as cruces templarias nas paredes de pedra.



