Turismo da Laracha

Ver mapa

Lugar: Grixario

Parroquia: Lemaio

Datada no século XIII, é unha das igrexas máis antigas do concello. A pesar de que a súa orixe é románica, o seu estilo actual enmárcase no barroco.

En 1912 descóbrense dous capiteis prerrománicos no interior do templo. Hoxe en día eses capiteis visigóticos sitúanse no interior da igrexa, ao pé da escaleira, usándose un como pía de auga bendita e o outro de base.

O templo está estruturado por medio dunha bóveda de canón que se apoia en muros de cachotaría reforzados por dous contrafortes cuadrantes, con arco de medio punto interior que separa a nave do presbiterio. A fachada principal caracterízase pola súa sinxeleza, cunha porta rectangular, ventá e espadana de feitura barroca de dous ocos.