Turismo da Laracha

Ver mapa

Lugar: O Igrexario

Parroquia: Erboedo

Datado entre os séculos XII e XIII, este templo combina os estilos románico tardío, o da súa orixe, co barroco.

A planta é de salón, cunha nave rectangular, mesma figura que debuxa a ábsida, que ten apegados dous corpos máis, podéndose acceder a ela a través dun arco de medio punto.

É unha igrexa de porte sinxelo e posúe elementos propios da arquitectura galega, como as troneiras ou a porta lateral. A sancristía e a espadana pertencen a unha época posterior á orixe do edificio.