Igrexa de San Román de Cabovilaño
Lugar: O Igrexario
Parroquia: Cabovilaño
O templo actual data do século XVI, aínda que a súa orixe é unha construción románica.
Hai que destacar a cuberta a dúas augas de tella curva. A estrutura aérea lévase a cabo nunha bóveda de canón e arcos rebaixados. Aos pés da igrexa sitúase, sobre a porta de entrada, un coro de pedra.
A ornamentación na fachada principal é a base de perpiaños, sendo o resto do muro liso, lúcido e pintado de branco. No seu eixe vertical central superpóñense unha porta rematada en arco de medio punto, unha seteira e, interrompendo a cornixa, un corpo rectangular que sostén unha espadana de dous ocos.