Turismo da Laracha

Ver mapa

Lugar: praza de Eduardo Vila Fano

Parroquia: Caión

O templo, de estilo renacentista, presenta unha planta de salón na que se inscribe unha nave rectangular, un presbiterio e unha sancristía. Posúe unha bóveda de canón e os seus muros son de cantaría de pedra. O acceso á igrexa realízase por unha porta de estilo plateresco, realizada en madeira, que presenta un relevo escultórico da Anunciación.

Elementos singulares da fachada son a torre campanario nun lateral, unha espadana coroando o imaxinario sistema pentagonal do eixe vertical da construción, e os dous escudos emparellados que se encontran na parte meridional, nos restos do antigo convento, nos que aparecen os símbolos dos seus fundadores.

Aquí está durante todo o ano, excepto a semana de celebración da romaría, a imaxe da Virxe dos Milagres.