Turismo da Laracha

Muiños da auga

Rectoral de Golmar, Igrexario

A Casa Reitoral de Golmar, situada no lugar do Igrexario, foi restaurada e musealizada para albergar o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, converténdose nunha referencia sobre esta temática no norte de Galicia.

Ademais das obras de musealización do edificio, tamén foi acondicionado todo o seu entorno, incluíndo a rehabilitación do hórreo e a creación dunha área de descanso equipada cun parque infantil e unha ampla zona de aparcamento.

Para visitar gratuítamente o museo é imprescindible concertar previamente a cita no Concello da Laracha.