Turismo da Laracha

Feira das Cereixas:

Lugar: Campo da feira de Paiosaco

Parroquia: Lestón

É a máis importante das 24 feiras que se celebran ao longo do ano, non en van, está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Ten lugar o primeiro domingo de xullo, sendo polo tanto, a primeira feira do verán.

A súa orixe remóntase a décadas pasadas, cando a produción de cereixas tiña grande importancia, especialmente nas parroquias larachesas de Coiro e Soandres. Ao chegar a época de maduración deste apreciado froito vermello, os comerciantes vendían na feira do primeiro domingo de xullo grandes cantidades deste produto.

Actualmente, a pesar de que a produción de cereixas na Laracha perdeu importancia, mantense o costume de celebrar esta xa tradicional feira, onde os vendedores seguen comercializando froita doutros lugares. Os visitantes, ademais de participar na actividade comercial, poden gozar das actividades lúdicas e festivas que completan o programa desta singular cita gastronómica.

 

Festa da Fabada de Paiosaco:

Lugar: Campo da feira de Paiosaco

Parroquia: Lestón

Esta festa gastronómica celébrase o primeiro domingo do mes de outubro, coincidindo coa recollida das fabas de tempada, no campo da feira de Paiosaco (parroquia de Lestón) e foi recuperada pola Asociación Cultural Queiroga.

Ao coincidir a súa celebración coa da feira, ademais de degustar a excelente fabada tamén se pode aproveitar para comprar e pasear polos distintos postos da feira.

 

Festa da Sardiña de Caión:

É unha festa de exaltación da sardiña que se celebra no porto de Caión durante os meses de xullo ou agosto.

 

Festa do Mexillón en Caión:

É unha festa de exaltación do mexillón que se celebra no porto de Caión durante os meses de xullo ou agosto.