Área recreativa de Gabenlle
Lugar: Gabenlle
Parroquia: Torás
A área recreativa atópase en Gabenlle, parroquia de Torás, a 500 m. do casco urbano da capital municipal.
Esta zona de descanso, de gran riqueza natural, dispón de todos os servizos propios dunha área recreativa, como son os merendeiros (cubertos e descubertos), bancos, mesas, grellas, dous parques infantís, auga potable, aseos e recollida de lixo. As pasarelas peonís unen as dúas zonas da área, que están separadas polo curso do río Anllóns.
É un espazo moi concorrido en épocas estivais, e mesmo durante o resto do ano en días soleados, xa que, ademais de utilizarse como merendeiro, presenta un grande atractivo para pasear á beira do río ou descansar baixo a sombra das súas árbores. É un lugar ideal para visitar en familia.