Praia de Caión
A praia de Caión ten en torno a 850 metros de lonxitude e divídese en 4 zonas: As Salseiras, O Cárcere Vello, O Caracoleiro e A Arnela.
É unha praia moi frecuentada debido ao seu carácter resgardado, e á súa area branca e fina, aínda que a súas ondas son de carácter forte.
Situada nun lugar de especial protección dos valores naturais (Rede Natura 2000), é zona de especial protección para as aves (ZEPA).
Posúe, ininterrompidamente desde hai anos, o distintivo de Bandeira Azul, polo que se trata dun areal adaptado á normativa estatal vixente (Orden TMA/851/2021) sobre as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados.



