Turismo da Laracha

Ver mapa

Lugar: O Cruceiro

Parroquia: Coiro

De estilo barroco, presenta unha planta rectangular na que se distinguen unha soa nave, presbiterio e sancristía.

Os muros son de carga e sobre eles apóiase unha cuberta a dúas augas, salvo na sancristía, que posúe tres, cunha cuberta de tella curva.

A fachada principal organízase simetricamente e a través dun sistema pentagonal, superpoñéndose no seu eixe vertical central unha porta rematada en arco de medio punto, unha ventá rectangular e, interrompendo a cornixa, unha espadana de dous ocos acabada en pináculos.