Plan de transporte metropolitano
Desde o 14 de xaneiro de 2013, o Concello da Laracha forma parte do Plan de Transporte Metropolitano da área da Coruña.
As persoas residentes na Laracha poden beneficiarse das vantaxes que ofrece este programa, a través do que o propio Concello da Laracha e a Xunta de Galicia subvenciona parte do custo dos billetes de autobús en viaxes entre os municipios adheridos a este Plan. Os usuarios tamén teñen dereito a transbordos gratuítos nos autobuses urbanos da cidade da Coruña.
Para ser beneficiario do Plan de Transporte Metropolitano é preciso obter as tarxetas nas oficinas de Abanca da Laracha ou de Paiosaco.
Ligazóns
Plan de Transporte Metropolitano