• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello devolverá o importe da cota de inscrición nas actividades do programa municipal iniciadas en 2020 e as que aínda non comezaran a impartirse

14/05/2020

Hoxe celebrouse unha nova reunión da comisión municipal de seguimento ante alerta sanitaria do Covid-19.

O principal acordo foi establecer o procedemento para reintegrar o importe da cota de inscrición nas actividades culturais e deportivas do programa municipal iniciadas ou previstas a partir do 1 de xaneiro de 2020. Por tanto, esta medida afecta a determinados cursos que xa comezaran a impartirse e a todos os que non arrincaran aínda. En concreto, as actividades e cursos nos que se pode solicitar a devolución da cota de inscrición son aquagym, arte floral da parroquia de Golmar, bailes latinos, cociña, informática (iniciación á internet e paquete Office), obradoiro de repostería, pequecociña, pádel, robótica e programación, surf e tiro con arco.

As persoas que se anotaron nesas actividades deben cubrir o formulario dispoñible para a sá e presentalo por calquera das tres vías habilitadas polo Concello da Laracha: ben a través da sede electrónica, ben por correo electrónico ou ben presencialmente no rexistro central do Concello partir do luns solicitando cita previa.

Descarga

Formulario