• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Policía Local da Laracha incorporou un novo vehículo á súa frota

23/11/2021

A Policía Local da Laracha dispón desde hoxe dun novo vehículo que foi adquirido, en propiedade, polo Concello coa colaboración económica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia con cargo á liña de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental.

O automóbil foi entregado por parte do responsable do concesionario Breogán Motor S.L. ao alcalde, José Manuel López Varela, e ao xefe da Policía Local, Víctor Vilanova. Trátase dun Toyota RAV4 híbrido que xa forma parte da flota do corpo de seguridade municipal para aumentar os seus medios técnicos e de mobilidade para poder prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía coa máxima eficiencia enerxética e a menor emisión contaminante posible.

Nos próximos días incorporarase outro vehículo de similares características ao parque móbil da Policía Local, neste caso mediante o sistema renting. O Concello concluíu recentemente o procedemento de contratación.