• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O CONCELLO AGRADECE O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA PARA DOTAR A CAIÓN CUN CENTRO SOCIOCOMUNITARIO

12/09/2016

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, desprazouse o 7 de setembro ao complexo administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano para asinar co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, o convenio de colaboración que permitirá a construción do centro sociocomunitario de Caión.   

A través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Xunta de Galicia achegará 200.000 euros para cooperar no financiamento desta nova infraestrutura que foi proxectada polo Concello da Laracha co obxectivo de crear unhas instalacións de referencia para a veciñanza da parroquia de Caión.   

A nova edificación contará con locais, aulas multiusos e un salón de actos, infraestruturas necesarias na localidade costeira para acoller o desenvolvemento de iniciativas, reunións e eventos de interese social e comunitario.   

Desde o Concello da Laracha agradecemos o compromiso da Consellería de Política Social e da Xunta de Galicia co noso municipio, que posibilitará crear en Caión un centro sociocomunitario co que se completará a cobertura de infraestruturas públicas destas características no concello, sendo tamén unha actuación que favorecerá a posta en marcha de novas iniciativas de interese xeral e impulsará o asociacionismo na parroquia.

Compartir: