• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A 8ª xornada micolóxica “As setas da Laracha” celebrarase o domingo 7 de novembro

28/10/2021

O Concello organiza a oitava edición da xornada de iniciación á micoloxía As setas da Laracha que se celebrará o domingo día 7 de novembro. Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, farase en colaboración con Raquel Poncini e Pablo Cuadrado.

O evento principiará ás 10:30 horas coa reunión das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle. A continuación realizarase unha saída guiada ao monte para proceder á recollida dos cogomelos. Ás 13:00 horas regresarase á área recreativa para realizar un obradoiro de identificación e clasificación dos diferentes tipos de setas empregando os exemplares recollidos polas persoas participantes, finalizando cunha charla micolóxica.

O prazo de inscrición en As setas da Laracha xa está aberto. Apuntarse é gratuíto e pode facer en liña cubrindo este FORMULARIO. A proposta vai dirixida a todos os públicos.