Concello
A peza teatral “Elisa e Marcela”, este sábado no centro sociocomunitario de Caión
05/10/2021
O centro sociocomunitario de Caión acollerá este sábado desde as 21:00 horas a obra teatral Elisa e Marcela, da compañía A Panadaría.
Trátase dunha comedia musical baseada na historia real do primeiro matrimonio entre dúas mulleres de que temos constancia en Galicia. Elisa e Marcela fala da diversidade desde o humor, a música e a perspectiva de xénero, e aspira a recuperar a memoria dun feito da nosa historia do que neste 2021 se fan os 120 anos.
A entrada é gratuíta ata completar a capacidade máxima da sala. En cumprimento das medidas sanitarias para previr os contaxios da covid, as persoas asistentes como público deberán portar máscara facial durante toda a función.
Este evento é organizado polo Concello da Laracha e a Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística e dentro do programa FalaRedes.