• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello desenvolve unha nova campaña para eliminar os plumachos

16/09/2021

Os plumachos, tamén coñecidos como herba da Pampa (o nome científico é cortaderia selloana), é unha especie botánica invasora procedente de Sudamérica que se estende con facilidade nas zonas próximas á costa galega.

No Concello da Laracha a presenza dos plumachos non é elevada, pero nos últimos anos detectáronse matas desta planta en determinados espazos de dominio público e tamén en terreos particulares que é preciso eliminar para evitar a súa expansión.

As cuadrillas medioambientais municipais, do mesmo xeito que no ano pasado por estas datas, actuarán durante os próximos días na retirada dos plumachos localizados en espazos de dominio público. Así mesmo, tamén realizarán esas mesmas actuacións en terreos privados sempre que o autoricen os propietarios.

Neste sentido, solicítase a colaboración cidadá para informar ao Concello sobre a localización de plumachos para proceder á súa eliminación.