• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Laracha acollerá unha sesión informativa sobre a nova tarifa eléctrica

13/09/2021

A Casa da Cultura da Laracha acollerá o xoves 23 de setembro a partir das 20:00 horas unha sesión informativa sobre a nova tarifa eléctrica que estará aberta a todos os públicos.

Esta iniciativa forma parte da campaña que está a desenvolver a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), co propósito de asesorar á cidadanía en relación aos últimos cambios normativos e que os consumidores laracheses dispoñan da información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a tarifa en vigor.

O acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar o aforo máximo da Casa da Cultura.