• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello presenta os “Rueiros da Vila”, a programación cultural municipal en torno ás Festas dos Milagres

03/09/2021

A Romaría dos Milagres de Caión, festa catalogada de interese turístico de Galicia, celebrarase este mércores, 8 de setembro, día que precisamente por ese motivo é festivo local no termo municipal da Laracha.

En torno a esa data o Concello organiza unha ampla programación cultural que se levará a cabo baixo o título Rueiros da Vila y que incluirá diversas actividades de diferentes temáticas e dirixidas a todos os públicos. Este programa foi presentado hoxe polo alcalde, José Manuel López Varela, nun acto celebrado na oficina de turismo de Caión.

Rueiros da vila realizarase ao longo de cinco días, do 8 ao 12 de setembro, en tres escenarios diferentes co propósito de sacarlle o máximo partido aos diferentes espazos existentes en Caión. Así, contarase co escenario Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia), Rueiro das Figueiras (Praza Virxe dos Milagres) e Patio (finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo).

O alcalde considera que esta novidosa programación é de alta calidade e adaptada ás circunstancia actuais, polo que agarda teña unha boa acollida entre a veciñanza e tamén entre os turistas e visitantes, axudando a impulsar a actividade económica nestas datas tan sinaladas para a parroquia de Caión.

O programa das cinco xornadas dos Rueiros da Vila é o seguinte:

Mércores 8

  • Concerto: Battosai. 13:00 h. Escenario Salseiras.
  • Espectáculo infantil e familiar: Circo Crunch de Muu! 19:30 h. Escenario Salseiras.
  • Concerto: Matthew Ward. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.

Xoves 9

  • Concerto: Superfuzz. 13:00 h. Escenario Salseiras.
  • Contacontos infantil con Charo Pita. 18:00 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
  • Concerto: Músculo! 21:00 h. Escenario Salseiras.

Venres 10

  • Xornada de cultura urbana. 17:00 h. Escenario Salseiras.
  • Concerto: María Goris Trío. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.

Sábado 11

  • Concerto: Dani Stoyka. 13:00 h. Escenario Salseiras.
  • Actuación da Asociación Cultural Arume de Caión. 19:00 h. Escenario Salseiras.
  • Concerto: Ailá. 21:00 h. Escenario Patio.

Domingo 12

  • Concerto: Pakolas. 13:00 h. Escenario Salseiras.
  • Concerto: Sheila Patricia. 21:00 h. Escenario Patio.

Rueiros da vila ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook e Instagram nos que se ofrecerá información puntual sobre todos os eventos que se desenvolverán nesas datas en Caión.