• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

En marcha as obras de mellora da seguridade viaria na rúa San Martiño de Paiosaco

06/08/2021

Xa están en marcha as obras dirixidas a reforzar a seguridade viaria na rúa San Martiño, situada no casco urbano de Paiosaco e que dá acceso ao núcleo da Agrela.

A fase inicial da intervención consiste na instalación da canalización soterrada da rede eléctrica ao longo dunha distancia lineal duns 150 metros, o que permitirá, a continuación, a eliminación dos catro postes do actual tendido aéreo que se atopan nesa zona.

Isto posibilitará dispoñer dun maior espazo na calzada, que pasará de ter unha anchura media da plataforma de catro metros ata alcanzar unha amplitude  máxima de sete metros e medio. Deste xeito reforzarase a seguridade viaria tanto para a circulación rodada como para os peóns.

O proxecto supón un investimento de 35.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Ramiro Bello reuníronse na propia rúa San Martiño para supervisar o desenvolvemento dos traballos.