Concello
O Concello instala xardineiras nas beirarrúas da avenida Fisterra da Laracha
21/07/2021
O Concello está a instalar xardineiras nas beirarrúas a ambas marxes da Avenida Fisterra – tramo da estrada AC-552 ao seu paso pola capital municipal- co propósito de facer eses espazos máis acolledores para a cidadanía.
Estes novos elementos do mobiliario urbano contarán con aligustres (ligustrum jonandum), un arbusto ornamental que non supera os dous metros de altura e que destaca pola súa resistencia tanto en espazos abertos como pechados, e plantas decorativas como begonias e lobularias.
As xardineiras están a ser colocadas en espazos libres nos que as beirarrúas presentan unha maior amplitude. Esta iniciativa lévase a cabo para contribuír a que as rúas da vila sexan máis atractivas para pasear e gozar delas.