• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello acomete unha ampla actuación de mantemento no paseo fluvial do río Vilán

23/07/2021

As ribeiras dos ríos son zonas de alto valor natural e paisaxístico nas que o Concello actúa de xeito continuado –e, especialmente, durante a época do verán- para poñelas en valor e animar á cidadanía a descubrilas e gozar delas.

Actualmente estase intervindo na mellora dos dous paseos fluviais. O Obradoiro de Emprego A Laracha VI actúa no do río Anllóns e as brigadas medioambientais municipais traballan no do río Vilán, na parroquia de Cabovilaño.

Neste último, á altura de O Cancelo, o alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, realizaron unha visita aos empregados municipais para interesarse polas tarefas que están a levar a cabo, consistentes na substitución das táboas danadas e na aplicación de lasur, un produto especialmente indicado para o tratamento da madeira en exteriores polo seu efecto antideslizante e por favorecer a súa conservación.

Desde xeito o Concello da Laracha non so renova a estética da pasarela do paseo fluvial, tamén mellora a seguridade en beneficio dos usuarios desta infraestrutura de titularidade municipal.