Concello
O libro “100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha”, de Xabier Maceiras, presentarase o xoves 22 de xullo en Paiosaco
16/07/2021
O escritor, historiador e documentalista arteixán Xabier Maceiras vén de publicar o seu novo libro 100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha.
A obra será presentada o xoves 22 de xullo nun acto aberto a todos os públicos que organiza o Concello e que se vai desenvolver a partir das 19:00 horas no campo de fútbol municipal A Porta Santa de Paiosaco.
Será conducido polo xornalista larachés Moncho Viña e contarase coa presenza, ademais do propio autor, dos alcaldes da Laracha e Arteixo, José Manuel López Varela e Carlos Calvelo.