• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O CONCELLO DA LARACHA E O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA CONTINÚAN COA CAMPAÑA SOLIDARIA “SÚMATE. DOA SANGUE”

22/08/2016

O Concello de A Laracha e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) continúan coa iniciativa para impulsar a participación dos veciños nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.   

As épocas do ano de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden co verán. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade da cidadanía, e por iso, o Concello distribuirá material informativo para tratar de incrementar a participación.

A unidade móbil medicaliza do Centro de Transfusión de Galicia estará esta semana nos tres cascos urbanos do Concello da Laracha. As persoas maiores de 18 anos que desexen participar poden acudir a:   

A Laracha (Praza do Concello): xoves 25, de 10 a 14:30 e de 16 a 21 horas. 

Paiosaco (Campo da Feira): venres 26, de 16 a 21 horas. 

Caión (Praza Eduardo Vila Fano): sábado 27, de 10:30 a 14:30 horas.   

A Organización Mundial da Saúde recomenda acadar de 40 a 60 doazóns de sangue por cada 1.000 habitantes para cubrir todas as necesidades dos hospitais. O obxectivo é incrementar a participación de 49 doazóns por cada 1.000 habitantes que acadou o Concello de A Laracha en 2015 e poder axudar a moitos enfermos que precisan da nosa solidariedade.   

Queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que doan sangue. A Laracha conta con 1.487 doadores censados que realizaron 10.769 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidad móbil do CTG en decembro de 1993. Grazas a este xesto solidario, cada día os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.   

Neste verán, moitas persoas dependen da solidariedade dos veciños e veciñas de A Laracha para recuperar a saúde ou salvar a vida. Súmate, doa sangue.

Compartir: