• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora a rede viaria nas parroquias de Vilaño e Cabovilaño

03/07/2021

O Concello promove unha serie de proxectos dirixidos a mellorar as condicións da rede viaria municipal.

Na parroquia de Cabovilaño hai dúas intervencións que se atopan na fase final de execución. No núcleo de Arén creouse unha rede de recollida de augas pluviais para evitar a acumulación de auga na calzada e foron acondicionados os sobreanchos para contar cunha maior amplitude da plataforma e, así, favorecer a circulación e habilitar espazos de aparcamento. Tamén se acondicionaron os sobreanchos co mesmo fin na estrada do lugar de Trasande. Agora, na fase final das obras, estanse pavimentando ambas vías con aglomerado asfáltico en quente.

Por outra banda, se as condicións climatolóxicas o permiten, nos próximos días renovarase o pavimento no cruce da vía entre os lugares de O Pereiro e Fragunde, na parroquia de Vilaño

O investimento total sitúase en torno aos 35.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.