• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Aberta desde hoxe a oficina de información turística de Caión

25/06/2021

Desde esta tarde o Concello da Laracha volve prestar servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico especializado na materia estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do noso municipio e tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia.

O horario de apertura ao público será:

  • Martes: 15:30 a 18:00 h.
  • Mércores a sábado: 9:00 a 13:30 h e 15:30 a 18:00 h.
  • Domingo: 9:00 a 13:30 h.

A oficina de información turística funcionará en Caión durante o verán. Posteriormente o Concello prevé reubicala na capital municipal.

Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte

Paralelamente, o Concello ten aberto o procedemento de selección dun técnico que estará ao cargo do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte -situado na antiga casa reitoral de Golmar- durante un período de cinco meses.

O museo conta co distintivo de Centro Azul en recoñecemento ao seu labor de educación ambiental.