• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello reabre ao público o parque infantil da praza Maximino Canedo

03/06/2021

O Concello reabriu ao público o parque infantil da praza Maximino Canedo. Fíxose unha vez concluídos os traballos de mellora desta infraestrutura municipal desenvolvidos durante as últimas semanas.

A intervención consistiu na instalación dun novo pavimento continuo de caucho como elemento de seguridade para atenuar o impacto de posibles caídas dos usuarios, e ocupando unha superficie superior ao anterior. Sobre ese pavimento foron colocados novos xogos, ademais de realizarse as oportunas actuacións de mantemento dos equipamentos que se atopaban en bo estado de conservación.

Este proxecto formou parte do plan municipal de mellora dos parques infantil que está a desenvolver o Concello. Previamente tamén se dotara con novos xogos ao parque infantil situado xunto á entrada da escola infantil A Galiña Azul da Laracha. Entre ambas intervencións o investimento situouse en torno aos 40.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.