Concello
Viaqua informa do corte de subministro de auga o próximo martes en varias vías da Laracha e núcleos da parroquia de Torás
03/06/2021
Con motivo das obras de mellora na rede de distribución de auga que se están a realizar na confluencia da Avenida Fisterra coa Avenida de Caión, xunto á Praza do Concello, Viaqua –a empresa concesionaria do servizo- informa do corte do subministro en determinadas rúas do casco urbano da Laracha e en varios núcleos de poboación da parroquia de Torás o próximo martes (8 de xuño) desde as 9:00 horas e, previsiblemente, ata as 17:00 horas.
As zonas afectadas por esta circunstancia son:
- Avenida de Caión.
- Avenida Fisterra (soamente os edificios números partes do 38 ao 46).
- Rúa Silverio Moreda.
- Rúa Río Anllóns.
- Núcleo de Estramil.
- Núcleo de A Barreira.
- Núcleo de O Campo.
- Núcleo de Vilasuso.
- Núcleo de Riotorto.
- Núcleo de Mirón.
- Núcleo de A Gándara.
O Concello agradece a comprensión da veciñanza e dos establecementos comerciais afectados ante as molestias que poidan ocasionar as obras, que son necesarias para continuar garantindo a maior calidade no subministro de auga.

