• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

O concurso de marcapáxinas organizado polo Concello xa ten gañadores

18/05/2021

Xa temos gañadores do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello no marco do programa de actividades en torno ao Día das Letras Galegas e no que se convidara a participar a rapaces de idades comprendidas entre os seis e os doce anos.

O xurado, tras valorar todos os traballos presentados, acordou outorgar os seguintes galardóns:

Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria:

  • 1º premio: Sofía Queijo Rey por “Ler fai voar”.
  • 2º premio: Eric Santalla Méndez por “O libro da infancia”.

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria:

  • 1º premio: Sabela López Bugallo por “Noite de contos”.
  • 2º premio: Sabela Fermoso Piccardi por “O meu fantástico libro”.

 Os catro galardoados recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades. A entrega farase este venres a partir das 19:30 horas nun acto que se desenvolverá no baixo da biblioteca municipal da Laracha.

Ademais, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais.

Os marcapáxinas permanecerán expostos ao público durante esta semana na biblioteca municipal da Laracha.