• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello investirá 35.000 na mellora da seguridade viaria na rúa San Martiño de Paiosaco

15/05/2021

O Concello ten previsto iniciar nos próximos días as obras de urbanización e reforzamento da seguridade viaria na rúa San Martiño, situada no casco urbano de Paiosaco e que dá acceso ao núcleo da Agrela.

A intervención proxectada inclúe a canalización soterrada da rede eléctrica ao longo dunha distancia lineal duns 150 metros, contemplándose a eliminación dos catro postes do actual tendido aéreo.

Isto permitirá dispoñer dun maior espazo na calzada, que pasará de ter unha anchura media da plataforma de catro metros ata alcanzar unha amplitude  máxima de sete metros e medio. Deste xeito reforzarase a seguridade viaria tanto para a circulación rodada como para os peóns.

O proxecto suporá un investimento de 35.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Ramiro Bello reuníronse na propia rúa San Martiño xornadas antes do inicio das obras.