• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

As travesías urbanas do Concello da Laracha manterán o límite de velocidade nos 50 km/h

11/05/2021

Hoxe entraron en vigor as novas limitacións de velocidade nos núcleos urbanos establecidas pola Dirección General de Tráfico no marco da iniciativa “Cidades 30”.

Os tres núcleos urbanos do Concello da Laracha están afectados por esta normativa, así que por norma xeral xa son de aplicación os límites de 30 km/h nas vías de un só carril por sentido e de 20 km/h nas vías de plataforma única, isto é, as que non presentan diferenza de altura entre a zona de circulación e a beirarrúa.

Son excepcións na aplicación da normativa as vías consideradas como travesías urbanas, nas que o límite de velocidade continuará sendo de 50 km/h. As estradas que cumpren esa característica son:

Núcleo urbano de A Laracha:

  • Avenida Fisterra.
  • Avenida Doutor López Astray.
  • Avenida de Caión.
  • Rúa Santa Lucía.

Núcleo urbano de Paiosaco:

  • Avenida Bergantiños.
  • Rúa Porta Santa.
  • Rúa Eduardo Pondal (estrada de Caión).

Núcleo urbano de Caión:

  • Avenida da Laracha.