• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello renovará o parque infantil do parque Maximino Canedo

02/05/2021

Continuando co plan municipal de renovación de parques infantís, o Concello realizará nos próximos días unha intervención no que está situado no parque Maximino Canedo.

A actuación prevista contempla a instalación dun novo pavimento continuo de caucho como elemento de seguridade para atenuar o impacto de posibles caídas dos usuarios e que ocupará unha superficie maior que o actual. Sobre ese pavimento serán colocados novos xogos, ademais de realizarse as oportunas actuacións de mantemento dos equipamentos que están operativos.

Recentemente o Concello tamén dotou con novos xogos ao parque infantil situado xunto xunto á entrada da escola infantil A Galiña Azul da Laracha. Entre ambas intervencións o investimento situarase en torno aos 40.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.