• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Concello e Consellería do Medio Rural melloran a estrada do núcleo de Requesende

24/04/2021

O Concello e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia cofinancian o proxecto de mellora da estrada do núcleo de Requesende, na parroquia de Golmar, que está actualmente en fase de execución.

A actuación contempla a mellora da superficie de circulación dos vehículos coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente e tamén o acondicionamento dos sobreanchos existentes a consecuencia da realización de diversos peches de parcelas.

Esta obra está incluída no Plan de Infraestruturas Rurais. O investimento total superará os 70.000 euros, achegando a Consellería en torno ao 60 % e o Concello, o 40 % restante con fondos municipais.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Jesús Souto, desprazáronse ata o lugar de Requesende para comprobar in situ o  desenvolvemento dos traballos.