• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello amplía e mellora a rede de saneamento na rúa Feal de Paiosaco

09/04/2021

O Concello financia integramente con fondos municipais a execución do proxecto de mellora da rede de saneamento que se está a acometer na rúa Feal, no núcleo urbano de Paiosaco.

A actuación consiste na ampliación da canalización, a creación de pozos de rexistro para a correcta realización dos mantementos e a instalación dun sistema de bombeo, o que permitirá dar solución á pendente da zona e conectala coa rede xeral para derivar as augas residuais para o seu tratamento na estación depuradora do Formigueiro.

A ampliación dos servizos básicos como as redes de saneamento son actuacións consideradas prioritarias para o goberno local, xa que supoñen importantes melloras para os veciños residentes no municipio, ademais de tratarse de intervencións que teñen un impacto directo na protección do medio ambiente.