• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O COMITÉ DE IRMANDAMENTO REÚNESE PARA INICIAR A ORGANIZACIÓN DA VISITA A OLONNE SUR MER

27/07/2016

O Comité de Irmandamento do Concello da Laracha reuniuse no salón de Plenos da Casa Consistorial para iniciar os preparativos da viaxe a Olonne sur Mer que se realizará do 31 de agosto ao 4 de setembro, no que será o encontro anual entre os veciños e o tecido asociativo de ambos municipios.   

Á reunión, ademais dos representantes do goberno local (José Manuel López Varela, José Ramón Martínez Barbeito, Patricia Bello e Rocío López), asistiu o concelleiro do grupo mixto (Terra Galega) Antonio Antelo e membros do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) e das Asociacións Culturais Queiroga de Paiosaco e Santa María de Torás.   

O alcalde, José Manuel López Varela, trasladou a información do Comité de Irmandamento francés, indicando que doce familias olonnais ofrecerán aloxamento aos laracheses durante a súa estancia. É por iso que serán convidadas a viaxar de xeito preferente ás familias larachesas que acolleron aos olonnais que visitaron o pasado verán o noso municipio. Tamén poderán formar parte da expedición membros das entidades representadas Comité de Irmandamento.   

O Concello da Laracha está irmandado desde o ano 2010 con Olonne Sur Mer, municipio situado na rexión francesa de La Vendèe. As iniciativas levadas a cabo durante os últimos anos permitiron tecer relacións de amizade entre familias e entidades de ambos municipios, así como a posibilidade de levar a cabo actividades de intercambio entre centros de ensino, realización de prácticas profesionais para a mocidade e a promoción a nivel turístico.

Compartir: