Concello
O Concello amplía a rede de saneamento e mellora a rede viaria na parroquia de Cabovilaño
15/03/2021
O Concello ten en fase de execución un amplo proxecto na parroquia de Cabovilaño dirixido a ampliar a rede de saneamento e mellorar as condicións da estrada entre os núcleos de A Braña, A Fraga, A Cacharra e A Teixoeira.
Actualmente estase avanzando na intervención consistente na instalación das tubaxes de saneamento para ampliar a cobertura deste servizo. O novo tramo será conectado coa rede xa existente en A Cacharra.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Patricia Bello comprobaron o desenvolvemento destes traballos no punto no que se executan as obras.
A continuación actuarase na mellora da estrada sobre a que discorren as tubaxes que se están a instalar. A intervención contempla a limpeza das cunetas e a nova pavimentación con aglomerado asfáltico nun tramo de oitocentos metros de lonxitude.
O investimento total situarase en torno aos 80.000 euros.