• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello inicia a campaña de trampeo de raíñas de avespa velutina

12/03/2021

O Concello iniciou a campaña de trampeo para combater a expansión da avespa velutina que leva a cabo cada ano nas datas previas ao comezo da primavera, xa que é a época nas que as raíñas fundadoras comezan a formar os niños e, por tanto, o momento no que debe realizarse un maior esforzo para evitar o xurdimento de novas colonias.

Coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha serán colocadas máis de medio centenar de trampas en zonas públicas situadas en puntos estratéxicos das trece parroquias que conforman o termo municipal.

Ademais, e dado que a colaboración cidadá é esencial, o Concello pon de xeito gratuíto a disposición da veciñanza –en especial, dos apicultores- un lote formato por dúas trampas para colocar nas súas fincas e dous litros de líquido atraínte. Para poder acceder a este material deberase cubrir o formulario dispoñible na web municipal e comprometerse a ofrecer información ao Concello sobre o número de raíñas capturadas, o que permitirá controlar a evolución e coñecer os lugares nos que hai un maior número delas.

Cabe lembrar que no caso de detectarse un niño de avespa velutina é preciso poñelo en coñecemento da Xunta de Galicia chamando ao teléfono 012 para, posteriormente, proceder á súa eliminación.

Formulario para solicitar as trampas e o líquido atraínte.