Concello
O persoal en activo do servizo de axuda no fogar recibe a primeira dose da vacina da covid
19/02/2021
A empresa Siad21 Galicia S.L., concesionaria da prestación do servizo de axuda no fogar, comunicou ao Concello que todo o seu persoal en activo no termo municipal da Laracha recibiu, a través do Servizo Galego de Saúde, a primeira dose da vacina contra o coronavirus.
En total foron administradas corenta vacinas ás dúas persoas coordinadoras do servizo, á axudante de coordinación e ás trinta e sete auxiliares de axuda a domicilio que están en activo.
Estes corenta profesionais sociosanitarios atenden actualmente aos 135 veciños do Concello da Laracha que son usuarios do servizo de axuda no fogar.

