Concello
O Concello instala novos xogos na escola infantil da Laracha
03/02/2021
A escola infantil A Galiña Azul da Laracha contará nos próximos días con novos xogos infantís para uso e disfrute dos nenos durante o horario de actividade do centro.
O Concello está a dotar con estes novos equipamentos a dúas áreas da escola: o espazo xunto á entrada precisamente destinado a parque infantil e o patio exterior anexo que está vinculado ao centro.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, acudiron á escola infantil para, xunto á directora, coñecer persoalmente o resultado dos traballos que se están a levar a cabo.
A actuación que se está a levar a cabo na escola infantil A Galiña Azul forma parte do plan municipal de renovación de parques infantís que tamén contempla unha ampla actuación no parque Maximino Canedo da capital municipal. O investimento total entre ambos proxectos sitúase en torno aos 40.000 euros.