Concello
O Concello inicia a campaña de poda das árbores
20/01/2021
A empresa concesionaria do servizo de mantemento de zonas verdes –Jardinería Arce- iniciou, a instancias do Concello, a campaña anual de poda das árbores.
Os traballos, que inclúen a retirada e transporte das polas para a súa posterior eliminación, comezaron a desenvolverse no campo da feira de Paiosaco e tamén na Avenida Fisterra da Laracha á altura das Torres de Cillobre.
Estes mesmos labores realizaranse, a continuación, en varios puntos da capital municipal como as prazas Maximino Canedo e Silverio Moreda (a que alberga a igrexa parroquial), na praza da Areosa en Vilaño, no entorno do museo de Golmar e noutras zonas públicas do municipio, tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias rurais, nas que se considere oportuno a realización das actuacións.
Deste xeito, ademais de comprobar que as árbores se atopan en bo estado de conservación, mellórase a estética nos puntos de actuación e, especialmente nas zonas urbanas, protexerase aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das polas. No caso do campo da feira de Paiosaco tamén se facilita o desenvolvemento da actividade comercial que alí se leva a cabo no primeiro e no terceiro domingo de cada mes.