• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A cabalgata dos Reis Magos realizará un percorrido de dous días por todas as parroquias do municipio

30/12/2020

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar,  percorrerán as trece parroquias do Concello da Laracha na cabalgata de dous días que se vai realizar durante as xornadas do luns 4 e o martes 5 de xaneiro.

As especiais circunstancias deste ano obrigan a modificar o evento e impiden que os Reis Magos poidan lanzar caramelos, baixarse das carrozas e interactuar cos asistentes como era tradición. Tampouco poderá levarse a cabo a festa infantil no pavillón do IES. Sen embargo, os nenos si poderán saudalos a pé de rúa nos principais núcleos de poboación de cada parroquia. O percorrido previsto é o seguinte.

LUNS 4 DE XANEIRO

MAÑÁ

  • 11:00 h: Saída.

A Telleira, urbanización Monte Claro, O Cancelo.

  • 11:30 h: Igrexario de Cabovilaño.

Xeriz, Cardois, A Braña, O Regado, Arén, Os Mouriños, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame, A Fontaíña.

  • 12:30 h: Igrexario de Lemaio.

A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade, A Areosa.

  • 13:30 h: Igrexario de Vilaño.

 TARDE

  • 15:30 h: Saída

Estramil, Escurido, O Retorno.

  • 15:45 h: O Cruceiro de Lendo.

A Fontenla, O Campo de Bragunde, O Campo da Porta, A Torre, A Xesteira, O Campo da Costa, Goxán, A Pedreira.

  • 17:00 h: Caión (praza Eduardo Vila Fano e percorrido polas principais rúas).

Xermaña, A Barreira, A Cachada, Lestón.

  • 18:00 h: Paiosaco (campo da feira e percorrido polas principais rúas).
  • 18:30 h: A Laracha (percorrido polas principais rúas).

 

MARTES 5 DE XANEIRO

MAÑÁ

  • 11:00 h: Saída

Avenida López Astray (A Laracha), Gabenlle, Os Muíños de Abaixo, Merelle, O Cruceiro de Coiro.

  • 11:30 h: Igrexa de Coiro.

A Ferrulleira, Novas.

  • 12:00 h: Igrexario de Soutullo.

A Xesta, O Seixoso, O Vilar, San Pantaión, As Orxeiras, Golmar do Medio.

  • 12:30 h: Igrexario de Golmar.

A Beria, O Ramallal, San Cristovo, As Cerqueiras, O Viso, Goexe, O Sopé, Propeste.

  • 13:30 h: Santa Margarida (Montemaior).

TARDE

  • 15:30 h: Saída de Santa Margarida (Montemaior).

As Cernadas, A Pena, A Baiuca, Cumiáns, O Raño.

  • 16:00 h: Igrexario de Montemaior.

A Ferreira, Trixezo, A Brea, Saldante.

  • 17:00 h: Mosteiro de Soandres.

A Fraga, Villamir, O Campo da Ran, O Toural.

  • 17:45 h: Igrexario de Erboedo.

A Medoña, Paiosaco, A Porta Santa, Fofelle, As Torres de Cillobre.

  • 18:30 h: A Laracha (percorrido polas principais rúas).