• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

Agrícola Castiñeira e Cultiagro-Seragra, primeiros premios dos concursos de escaparates

30/12/2020

A 25ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha xa ten gañadores.

Do mesmo xeito que no ano pasado, nesta edición houbo dúas modalidades do concurso: a tradicional cos galardóns outorgados polo xurado e tamén o realizado na páxina de Facebook do Concello da Laracha.

Así, os premiados en base ás valoracións do xurado –formado por representantes municipais e Concha Iglesias, presidenta da Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha (ACSIL)- foron:

  • 1º premio (500 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida López Astray, 74. A Laracha).
  • 2º premio (400 euros): Panadería Ramiro (Avenida López Astray, 7. A Laracha).
  • 3º premio (300 euros): Floristería Churima (Avenida Fisterra, 111. A Laracha)
  • 4º premio (200 euros): Clínica Veterinaria Xarope (Rúa Santa Lucía, 42. A Laracha).
  • 5º premio (100 euros): O Casillero Materiales de Construcción (A Braña Grande, Cabovilaño).

No concurso de Facebook –que se abriu na tarde do 23 de decembro e pechouse hoxe ás 12:00 horas- houbo unhas 1.200 reaccións dos usuarios no álbum coas fotos de todos os participantes. As tres que obtiveron un maior número de votos positivos e, por tanto, resultaron premiados son:

  • 1º premio (150 euros): Cultiagro-Seragra (Avenida Fisterra, 111. A Laracha), con 200 votos.
  • 2º premio (100 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida López Astray, 74. A Laracha), con 178 votos.
  • 3º premio (50 euros): O Casillero Materiales de Construcción (A Braña Grande, Cabovilaño), con 145 votos.

Como cada ano o Concello da Laracha convocou este concurso cos obxectivos de apoiar economicamente e estimular ás empresas e comerciantes do municipio para decorar os escaparates con motivos propios das datas do Nadal e que iso tamén sexa un aliciente para que os cidadáns aposten polo comercio local para facer as súas compras durante as festas. Nesta edición, na que o concurso cumpriu un cuarto de século, repártense un total de 1.800 euros en premios entre todos os galardoados.