Concello
Concello e Consellería do Medio Rural rubrican o convenio para mellorar a estrada do núcleo de Requesende
04/12/2020
O Concello e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia veñen de rubricar o convenio de colaboración que posibilitará mellorar a estrada do núcleo de Requesende, na parroquia de Golmar.
En virtude dese acordo, a Consellería do Medio Rural financiará integramente o proxecto, valorado en máis de 48.000 euros, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2020. Pola súa parte, o Concello comprométese formalmente a poñer en disposición da Consellería dos terreos necesarios para a execución da actuación e a renunciar a aplicar calquera tipo de tributo con motivo das obras previstas.
O proxecto contempla a mellora da superficie de circulación dos vehículos coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente e tamén o acondicionamento dos sobreanchos existentes a consecuencia da realización de diversos peches de parcelas.
O Concello da Laracha, que conta cunha poboación moi dispersa nas trece parroquias, aplaude a convocatoria por parte da Xunta de Galicia deste tipo de programas dirixidos a mellorar as infraestruturas rurais.