Concello
O Concello lanza unha campaña de consultoría e asesoramento dirixida a visibilizar o comercio local
05/12/2020
O Concello ten en marcha unha campaña de consultoría, asesoramento e estratexia para a planificación da transformación dixital dirixida ao comercio local na que se convida a participar a todos os establecementos, locais e empresarios que desenvolven a súa actividade no termo municipal da Laracha.
Baixo o lema Téndelle a man ao pequeno comercio! desde o Concello ofrécese aos profesionais dos diferentes sectores comerciais a posibilidade de acceder, de xeito gratuíto, a unha consultoría personalizada por medio da cal persoal especializado na materia realizará unha valoración da situación actual de cada comercio baseada na análise das súas ventas e, a partir deses datos, analizar onde debe poñerse o foco para tratar de aumentar o volume de negocio.
A visibilización e humanización do pequeno comercio para que o público en xeral perciba o seu valor engadido é o fin último desta iniciativa, a través da que tamén se ofrecerá aos participantes o asesoramento e coñecementos necesarios para dar o paso cara a transformación dixital, a venta en liña a través de internet e a preparación dunha experiencia de usuario completa desde a compra ata a recepción do produto, incluíndo aspectos dirixidos á fidelización do cliente como o emprego das redes sociais e o empaquetamento.
Tamén está prevista a elaboración dun vídeo promocional con todos os participantes da iniciativa.
Calquera establecemento comercial ou profesional que desexe formar parte do programa Téndelle a man ao pequeno comercio! pode facelo cubrindo en liña este FORMULARIO