• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O NOVO DEPÓSITO PARA O ALMACENAMENTO DE MATERIA VEXETAL E PLÁSTICOS DE SILO E INVERNADOIROS XA ESTÁ OPERATIVO

12/07/2016

O Concello da Laracha porá en funcionamento a próxima semana unha nova infraestrutura vinculada ao punto limpo, consistente nun novo depósito para o almacenamento temporal de residuos de materia vexetal e tamén de plásticos de silo e invernadoiros.   

A actuación desenvolvida consistiu no acondicionamento dunha parcela de titularidade municipal que alcanza os 2.500 metros cadrados de superficie e na construción dun peche perimetral de malla.   

O ámbito está situado no sector E5 do parque empresarial, a carón do aparcamento norte do polígono, con cómodos accesos desde A Laracha a través de O Campo da Porta e tamén pola parte posterior da siderurxia.

José Manuel López Varela -alcalde do Concello da Laracha- e José Ramón Martínez Barbeito –tenente alcalde reuníronse con Francisco Costa, Dolores Fernández e José Luis Villar –presidente, xerente e encargado de Aspaber respectivamente- nas propias instalacións recentemente creadas para coñecer persoalmente as mesmas.   

A posta en funcionamento deste novo servizo ten un dobre obxectivo: facilitar aos veciños o transporte e acopio deste tipo de material, poñendo a súa disposición un ámbito amplo e de fácil acceso para poder depositalo, e liberarar de espazo ás instalacións do punto limpo, que en determinadas épocas do ano comezaban a ser insuficientes para recoller os plásticos e a materia vexetal para o seu posterior tratamento.

Aspaber -empresa concesionaria da xestión do punto limpo da Laracha e do servizo de recollida de voluminosos a domicilio- será a entidade responsable da administración deste novo depósito creado no parque empresarial da Laracha, que estará operativos todos os mércores, xoves e venres. Facer uso del será gratuíto para todos os veciños do termo municipal, debendo solicitar previamente a correspondente cita poñéndose en contacto co punto limpo, Aspaber ou co Concello da Laracha.

Compartir: