• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Gonzalo Trenor, o delegado territorial da Xunta, visita o Obradoiro de Emprego A Laracha V

05/10/2020

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de A Laracha, José Manuel López, visitaron aos alumnos do obradoiro de emprego A Laracha V que están rematando a súa formación na súa primeira visita oficial a este Concello. En A Laracha estanse a impartir dúas especialidades con 10 alumnos cada unha de Carpintería e Moble e de Pintura Industrial en Construción.

No caso concreto da especialidade de carpintería e moble estanse a realizar traballos en madeira no paseo fluvial do río Anllóns entre Gabenlle e O Formigueiro. Na de pintura industrial as prácticas recollen actuacións na Casa do Concello, no edificio administrativo, na Casa da Cultura, no centro sociocultural de Paiosaco e nas farolas do concello.

O delegado territorial comprobou o traballo de pintura industrial que están levando a cabo neste momento os alumnos nos centro sociocultural de Paiosaco.