Aprobada a adhesión do Concello da Laracha ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía
31/01/2019
A iniciativa foi impulsada pola Comisión Europea co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea.
En virtude do pacto, o Concello da Laracha comprométese a reducir as emisións de CO2 nun mínimo do corenta por cento de aquí a 2030 a través da mellora da eficiencia enerxética e promovendo un maior uso das fontes de enerxía renovables, así como a aumentar a súa resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.